Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se amplía o prazo de xustificación para as axudas a corporacións locais concedidas ó abeiro da Resolución do 19 de abril de 2002 para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 2002 (Diario Oficial de Galicia número 82, do 29 de abril).

Na resolución do Instituto Galego de Consumo do 19 de abril de 2002, pola que se convocan axudas ás corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 2002 (DOG nº 82, do 29 de abril), establécese como data límite para a xustificación da subvención o 20 de novembro deste ano e, tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivaron un longo proceso de avaliación dos proxectos que comprenden as citadas axudas debido á súa complexidade, considérase necesario amplia-lo prazo de execución e xustificación deste tipo de axudas.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación das axudas concedidas a corporacións locais ó abeiro da resolución do Instituto Galego de Consumo do 19 de abril de 2002, pola que se convocan axudas a corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 2002, ata o día 31 de decembro de 2002.

Santiago de Compostela, 26 setembro de 2002.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA