Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.479

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se convocan os aspirantes para a lectura do segundo exercicio.

En sesión celebrada o 2 de outubro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Convoca-los aspirantes para a lectura do segundo exercicio, de acordo coa seguinte orde:

-O día 23 de outubro, ás 16.30 na aula 18 da Escola Galega de Administración Pública: os aspirantes de promoción interna.

O resto de aspirantes serán convocados por orde alfabética, conforme a orde establecida nas bases da convocatoria, comezando pola letra T do primeiro apelido.

A relación de convocados para cada día de lectura do segundo exercicio publicarase no taboleiro de

anuncios da Escola Galega de Administración Pública. Os aspirantes poden consulta-la lista de convocados no teléfono 902 12 00 12 da oficina de Información e Atención o Cidadán.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal