Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía, do 24-9-2002, e do disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra.

1. Obxecto: contrato de obra de rede de sumidoiros no barrio dos Galos (Ribadeo).

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: 100.420,12 euros, incluído IVE con cargo á partida orzamentaria correspondente.

6. Prazo de execución: seis meses.

7. Fianza provisional: 2% do tipo da licitación.

8. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Clasificación: non é precisa.

10. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo; praza de España nº 1, 27700 Ribadeo (Lugo). Teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75. Horario de atención ó público das 9 ás 14 horas, luns a venres.

11. Modelo de proposición.

D/Dª....., con domicilio en....., CP....., e con DNI nº....., expedido en....., en nome propio (ou en representación de....., como acredito mediante.....) informado do expediente de contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da obra de rede de sumidoiros no barrio dos Galos (Ribadeo), anunciado

no BOP de Lugo número....., do ....., e no DOG número....., do....., participo no concurso comprometéndome a súa realización de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas particulares que acepto íntegra e incondicionalmente no prezo de....., (en letra e número) IVE incluído, conforme os criterios seguintes....., e ofrecendo as melloras e modificacións que se especifican no documento adxunto, que serán gratuítas para a entidade local.

12. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación no salón de sesións da corporación de conformidade co prego de condicións, ás 12 horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas, sempre que sexa hábil e de luns a venres.

Ribadeo, 24 de setembro de 2002.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde