Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía, do 24-9-2002, e do disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de subministración.

1. Obxecto: subministración dun camión con caixa aberta provisto dunha plataforma elevadora.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: máximo de 50.485,02 e mínimo 42.070,85 euros, incluído IVE con cargo á partida orzamentaria correspondente.

6. Prazo de execución: 30 días contados desde a notificación da adxudicación.

7. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

8. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo; praza de España nº 1, 27700 Ribadeo (Lugo). Teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75. Horario de atención ó público das 9 ás 14 horas, luns a venres.

10. Modelo de proposición.

D/Dª....., con domicilio en....., CP....., e con DNI nº....., expedido en....., en nome propio (ou en representación de....., como acredito mediante.....) informado do expediente de contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da subministración dun camión con caixa aberta provisto dunha plataforma elevadora, anunciado no BOP de Lugo, número....., do ....., e no DOG número....., do....., manifesto que, informado e conforme cos pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán nel me comprometo a realiza-la subministración no prezo de....., (en letra e número) IVE

incluído, conforme os criterios seguintes e nas condicións e cos méritos que xunto.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación no salón de sesións da corporación de conformidade co prego de condicións, ás 12 horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas, sempre que sexa hábil e de luns a venres.

Ribadeo, 24 de setembro de 2002.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde