Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 23 do PXOU, relativa á ficha de características do PERI IV-01 San Roque A (expediente 6527/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 29 de xullo de 2002, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual número 23 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU-93), na súa última versión (abril de 2002), referida ó ámbito IV-01-San Roque, redactada polos servicios técnicos e xurídicos da Oficina de Planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo (expediente 6527/411).

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de ignorado enderezo, respecto dos/as cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o seguinte recurso:

A. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo