Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

De contrato de servicios segundo pregos aprobados pola Comisión de Goberno do 23 de setembro de 2002.

Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Nº de expediente: 26/2002. Obxecto do contrato: contratación de servicios de coidado e custodia do sector infantil, prestado no edificio da Escola Infantil de catro unidades, comprendéndose tanto o aspecto educativo como de alimentación, coidado e limpeza no horario de funcionamento. Prestarano cinco persoas coa titulación esixida no prego e outra, como mínimo, para servicios de limpeza e cociña con carné de manipulador de alimentos. Servicio de comedor: compréndese compra de productos, preparación e mantenza dos nenos. Servicio de limpeza: compréndese a adquisición polo adxudicatario dos productos e a súa conservación fóra do alcance dos menores. Conservación e mantemento das instalacións, así como revisión dos servicios e instalacións e limpeza xeral no mes de agosto e plan de seguridade e hixiene no traballo. Material escolar e outro equipo técnico e materiais necesarios para o

funcionamento.

Lugar de execución: edificio sito na esquina da avda. de Santiago coa C-541.

Duración do contrato: 1 ano prorrogable por outro.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 120.000 euros anuais, incluído IVE e tódolos demais impostos e gastos que deriven do contrato.

Fianza provisional: 2.400 euros.

Obtención de documentación e información: na Secretaría Xeral do Concello da Estrada. Poderán

obterse os pregos íntegros solicitándoo ó teléfono 986 57 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: no Rexistro Xeral de Entrada do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de 15 días naturais computados desde o seguinte á data de publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Poderán presentarse na oficina de correos, cumprindo os requisitos establecidos nos pregos. Presentaranse 3 sobres. Sobre A, coa documentación para participar no concurso; sobre B, ofertas técnicas segundo o esixido na cláusula XVIII do prego; sobre C, oferta económica axustada ó modelo.

Apertura de proposicións: terá lugar ás dez horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para a súa presentación. Exclúense os sábados.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Os pregos íntegros poden obterse na páxina web: http://www.aestrada.com/contratacion.

A Estrada, 24 de setembro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde