Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO relativo á aprobación definitiva do expediente número 4 de modificacións puntuais do PXOM de Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 27 de agosto de 2002, aprobou definitivamente o expediente nº 4 de modificacións puntuais do PXOM de Lalín.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Lalín, 5 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado