A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo:Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
c) Número de expediente: 20/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servicios.
b) Descrición do obxecto: servicio de mantemento integral (a todo risco) do TAC helicoidal Twin Flash.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 95, do 20-5-2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.
Importe total: 160.824 (euros).
5. Adxudicación.
a) Data: 10-7-2002.
b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 160.824 A.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.
Javier Jiménez Ferreres
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela