Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de construcción de gardería infantil municipal en Padriñán-Sanxenxo, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación da devandita obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: construcción de gardería infantil municipal en Padriñán-Sanxenxo.

b) Lugar de execución: Padriñán-Sanxenxo.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 206.437,40 euros.

5. Garantías.

Provisional: 4.129 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo-rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono: 986 72 00 75, fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C (edificacións); subgrupo: todos; categoría: C.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no prazo de seis días hábiles contados desde o seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 18ª do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 25 de setembro de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde