Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 231/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación da biblioteca pública municipal de Verín.

b) Lugar de execución: Verín.

c) Prazo de execución: cincuenta e un meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 520.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 03 34.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte o da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Grupo: K.

Subgrupo: 7.

Categoría: c).

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente as do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mantene-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Constitución da mesa e apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

c) Data de apertura das ofertas: o quinto día hábil seguinte ó da constitución da mesa, ás 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: Pleno do Concello do 26-9-2002.

c) Consulta de documentación: imprenta Monterrey; avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 27 de setembro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde