Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2002, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector E, zona Peipaz, parroquia de Noalla, das normas subsidiarias de planeamento municipal, redactado polo arquitecto David Ortiz-Arce de la Fuente por instancia da compañía mercantil Mora, S.L.

Segundo.-Darlle cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG, e comunicarllo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.

San Cibrao das Viñas, 27 de setembro de 2002.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa