Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da Alcaldía, de data do 24 de setembro de 2002, o proxecto de urbanización do Plan Parcial do Sector RA-48-1, en Guillar, promovido pola Empresa Promociones Outeiro 2002, S.L., sométese o expediente e proxecto a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na Secretaría Municipal, en horario de oficina, e formularse as alegacións e observacións que se consideren procedentes en escrito dirixido á Alcaldía.

Outeiro de Rei, 24 de setembro de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde