Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

CONCURSO con procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: CO01/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción da 1ª fase do Centro Sociocultural de Melide.

b) Lugar de execución: rúa Galicia, s/n, Melide (A Coruña).

c) Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

376.701,30 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 7.534,03 euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Melide.

b) Enderezo: praza do Convento, nº 5.

c) Localidade e código postal: Melide, 15800.

d) Teléfono: 981 50 50 03.

e) Telefax: 981 50 62 03.

f) Correo electrónico: josecarmelo.sanchez*melide.dicoruna.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: categoría C, grupo C, subgrupos todos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia profesional: non esixible (cláusula 14ª H do prego).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece días naturais (13), contados a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, rematando, para a presentación nas oficinas municipais, ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 14ª do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a adxudicación, mediante concurso con procedemento aberto, de obras do Concello de Melide (BOP nº 134, do 13 de xuño de 2000).

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Melide.

2º Enderezo: praza do Convento, nº 5.

3º Localidade e código postal: Melide, 15800.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: segundo a normativa vixente.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Melide.

b) Enderezo: praza do Convento, nº 5.

c) Localidade: Melide (A Coruña).

d) Data: terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Poderá obterse copia dos proxectos e dos pregos na Librería Victorio, sita na rúa Taboada Roca, nº 1, Melide.

11. Gastos de anuncios:

Os gastos de publicación de tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Melide, 20 de setembro de 2002.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde