Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Mazaricos, expediente tramitado na Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra do recinto feiral polivalente, na Picota. O prazo de execución é de 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Urxente, concurso con procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: 240.404,84 A.

5. Garantía provisional: 4.808,10 A.

6. Obtención de documentación e información.

Nas oficinas do concello, situado na avda. 13 de abril, nº 59, A Picota; tfno.: 981 86 71 04; fax: 981 85 22 17; C.P.: 15256, no prazo de 13 días

naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio (BOP ou DOG).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 1 a 9, categoría D.

8. Presentación de ofertas.

No prazo de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, presentando a documentación esixida no prego de condicións publicado no BOP nº 182, do 9 de agosto de 2002, no Rexistro de Entrada Concello de Mazaricos, situado na avda. 13 de abril, nº 59, A Picota, C.P. 15256.

O licitador está obrigado a mante-la oferta durante o prazo de 3 meses. Non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

Na casa do concello, ás trece horas do quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día é sábado trasládase o acto ó seguinte día hábil.

10. Modelo de proposición: está contido no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego: o prego de condicións queda exposto ó público durante o prazo de oito días para que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las alegacións, suxestións e reclamacións que xulguen oportunas.

Mazaricos, 13 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado