Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión do día 2 de setembro de 2002, acordou someter a información pública o proxecto de compensación da parcela número 175 do plano xeral da concentración parcelaria de Marrozos (O Martil-A Pajuela), promovido pola mercantil Hermanos Lago Ríos, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 8.1º do R.D. 1093/1997, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo