Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores PO-EN-2001/81 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expediente que por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-los expedientes, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 16 de setembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2001/81.

Denunciado: Áridos Rías Baixas, S.L., enderezo: r/ Xunca Branca-Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra).

DNI: B-36115947.

Feitos denunciados: acumular entullo, pedra, terra e dous caixóns de batea na súa propiedade, dentro dos límites do espacio natural Ons-O Grove, sendo advertido da ilegalidade dos feitos e requirido para a retirada das verteduras, o dito requirimento non foi atendido.

Feitos denunciados no espacio natural Ons-O Grove no lugar de Mexilloeira, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 29-4-2002.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de xuño de 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 60,10 a 601,02 euros debendo ademais restaura-lo medio natural ó seu ser e estado previos ós feitos denunciados xa que de non facelo, impoñeránselle multas coercitivas reiteradas ata o total cumprimento do ordenado.

ANEXO

Expediente: PO-EN-2001/82.

Denunciado: Áridos Rías Baixas, S.L., enderezo: r/ Xunca Branca-Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra).

DNI: B-36115947.

Feitos denunciados: acumular pedras e terra, así como un flotador de madeira dunha batea nun predio da súa propiedade, dentro dos límites do espacio natural Ons-O Grove.

Feitos denunciados no espacio natural de Ons-O Grove no lugar de Mexilloeira, no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 29-4-2002.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, en réxime de protección xeral, e coa Orde do 7 de xuño pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 60,10 a 601,02 euros, debendo ademais restura-lo medio natural ó seu ser e estado previos ós feitos denunciados xa que de non facelo, impoñeránselle multas coercitivas reiteradas ata o total cumprimento do ordenado.