Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de residuos que se cita, devolto polo servicio de correos. (Expediente ESCA 100/2002-LU).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructor deste procedemento a Luis Quiroga Arnal e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenintes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 30 de maio 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ESCA 100/2002-LU.

Denunciado: Javier Ríos Freire.

DNI: 33836861-C.

Enderezo: rua Río Narla, nº 32-1º esq., Lugo.

Feito denunciado: abandonar no monte das Gándaras de Lugo, 30 cubertas de motocicletas, varias latas de aceite, plásticos, botes de silicona e diversa roupa usada ocasionando deterioración e degradación das condicións ambientais.

Precepto sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción: 6.010,13 euros.