Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do campamento xuvenil Penedos de Xacinto en Entrimo-Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públi

cas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Adxudicación do concurso público para a contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións e limpeza da piscina do campamento xuvenil Penedos de Xacinto en Entrimo-Ourense.

2. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 15/2002.

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición: contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do campamento xuvenil de Penedos de Xacinto en Entrimo-Ourense.

c) Publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 97, do 22 de maio de 2002.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso pública.

5. Orzamento base de licitación:

Importe total: 63.924,90 A, IVE incluído (9,62 A/praza/día cun máximo de 6.645 prazas)

6. Adxudicación:

a) Data: 11-6-2002.

b) Contratista: Eurest Colectividades, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 63.924,90 A, IVE incluído.

Ourense, 22 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense