Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración, en dous lotes, dun cluster de ordenadores con destino á Central de Emerxencias 112-SOS-Galicia e seis ordenadores e seis impresoras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración en dous lotes, dun cluster de ordenadores con destino á Central de Emerxencias 112-SOS-Galicia e seis ordenadores e seis impresoras.

b) Número de unidades que hai que entregar: as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes y número:

Lote 1: un (1) cluster de ordenadores.

Lote 2: seis (6) ordenadores e seis (6) impresoras.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

d) Prazo de entrega:

Lote 1: un mes e medio contado desde a data da sinatura do contrato.

Lote 2: un mes contado desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 115.634 A, IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

Lote 1: 100.400 A.

Lote 2: 15.234 A.

5. Garantía provisional.

Lote 1: 2.008 A.

Lote 2: 304,68 A.

Total lotes 1 e 2: 2.312,68 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 60 00.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose

sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás nove horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio.

Será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaría xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE