Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto, da subministración de equipos informáticos con destino a centros docentes.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2002/12/00612. Referencia: SETNP-C-002-2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipos informáticos con destino a centros docentes.

b) Número de unidades que se van entregar: segundo o prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non hai división por lotes.

d) Lugar de entrega: segundo a folla de especificacións.

e) Prazo de entrega: segundo o prego de características técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 44.655 A (corenta e catro mil seiscentos cincuenta e cinco euros).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

- Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos .

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 10.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web para obte-los pregos: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1602.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Inovación e Desenvolvemento

Pesqueiro

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS