Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello de Lalín, na sesión ordinaria da Comisión de Goberno do 23 de xullo de 2002, e por delegación da alcaldía efectuada por Resolución de agosto de 1999, acordou en relación co proxecto de compensación da zona Areal-1, zona do ámbito do Plan parcial Areal-1, de propietario único e por instancia de Centros Comerciales Ceco, S.A.:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do Plan parcial Areal-1 por instancia de Centros Comerciales Ceco, S.A. de data, e visado polo colexio por corresponde-la totalidade da propiedade deste ámbito de actuación á dita entidade.

Segundo.-Prosegui-la tramitación deste expediente.

Contra o presente acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Lalín, 5 de setembro de 2002.

José Crespo Iglesias

Alcalde