Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do concurso, con procedemento aberto, para a contratación da redacción do proxecto e execución das obras de compartimentación do aforo do Coliseum.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

2. Obxecto do contrato: proxecto e obras de compartimentación do aforo do Coliseum conforme o anteproxecto redactado polo xefe da Sección Técnica de Cultura e Benestar.

3. Prazo: o prazo de presentación do proxecto de execución e o proxecto de seguridade fíxase nun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción polo adxudicatario da comunicación da adxudicación. O prazo de execución das obras non poderá ser superior a catro meses contados a partir do asinamento da acta de comprobación do replanteo.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 480.900 euros (IVE incluído).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, sitas no edificio Coliseum, avda. Alfonso Molina, s/n, A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50, fax: 981 13 60 01.

c) Data límite de obtención de información e documentación (prego de cláusulas administrativas e anteproxecto): ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría C; grupo J, subgrupo 1, categoría B.

9. Presentación das ofertas:

a) Prazo: corenta días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou festivo o día de remate do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares:

c) Lugar de presentación: rexistro do IMCE (oficinas do IMCE sitas na avda. de Alfonso Molina, s/n, edficio Coliseum).

10. Apertura das ofertas económicas e da documentación técnica:

a) Lugar: Casas Consistoriais, pza. María Pita, 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación (ás 10 horas).

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de setembro de 2002.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

Coruña Espectáculos