Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO relativo á contratación do servicio da gardería municipal de Lalín.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación da prestación do servicio de gardería infantil municipal de Lalín. Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas admi

nistrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: servicio da gardería infantil municipal de Lalín. Tipo máximo de licitación: 144.242,90 A (IVE incluído).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 2.885 A.

Clasificación do contratista: non se considera necesaria.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente nas oficinas xerais do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última publicación dos devanditos anuncios; en horario das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do terceiro día seguinte hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 9 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado