Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 16/2002.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: 16/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de vaixelas, complementos e desbotables de cociña.

c) Lotes: cuatro.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 84, do 2-5-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 84.156,30 (euros).

5. Adxudicación.

LOTEDATAEMPRESANACIONALID.IMPORTE ADXUDICACIÓN

UNITARIOTOTAL

1.127-6-2002CAMILO BELLVIS

CASTILLO, S.L.

ESPAÑOLA2,22792

1.227-6-2002CAMILO BELLVIS CASTILLO, S.L.ESPAÑOLA0,10648

1.327-6-2002CAMILO BELLVIS CASTILLO, S.L.ESPAÑOLA0,722.073,60

1.427-6-2002CAMILO BELLVIS CASTILLO, S.L.ESPAÑOLA0,70945

1.527-6-2002CAMILO BELLVIS CASTILLO, S.L.ESPAÑOLA0,22613,80

1.627-6-2002CAMILO BELLVIS CASTILLO, S.L.ESPAÑOLA0,97174,60

2DESERTO

3.127-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,05564.208,3640

3.227-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,0362.724,84

3.327-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,01064.134

3.427-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,01061.319,70

LOTEDATAEMPRESANACIONALID.IMPORTE ADXUDICACIÓN

UNITARIOTOTAL

3.527-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,01062.524,92

3.627-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,00784.329

3.727-6-2002CAMINO EXCLUSIVAS, S.L.ESPAÑOLA0,01883.750,60

4.127-6-2002FRANCISCO FDEZ. LIJO, S.L.ESPAÑOLA1,36881.478,304

4.227-6-2002FRANCISCO FDEZ. LIJO, S.L.ESPAÑOLA0,4408848,9808

4.327-6-2002FRANCISCO FDEZ. LIJO, S.L.ESPAÑOLA0,951212.841,20

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela