Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración e instalación de equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento informático para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela,

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 13/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación do equipamento informático (nomenclatura CNPA: lotes 1 e 4: 30.02.13, lotes 2 e 3: 30.02.16.30).

b) División por lotes e número: 4 lotes.

Lote 1: ordenadores de usuario; lote 2: impresoras láser individuais; lote 3: impresoras láser para grupos; lote 4: servidor.

c) Lugar de entrega: dependencias do Igape en Galicia.

d) Prazo de entrega: 20 días naturais desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 114.900 euros, IVE incluído, desagregado en:

Lote 1: 42.000 A; lote 2: 6.900 A; lote 3: 12.000 A; lote 4: 54.000 A.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento base de licitación para cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); complexo administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: contar con suficientes medios materiais e persoais para a execución do contrato, acreditado segundo os medios establecidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica; complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: admítense variantes sobre configuración técnica dos equipos e prezos ofertados.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

c) Data e hora: o décimo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios: 800 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica