Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 97/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: 97/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de válvulas.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S-14, do 19-1-2002; BOE nº 22, do 25-1-2002; DOG nº 27, do 6-2-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 519.575 (euros).

5. Adxudicación.

LOTEDATAEMPRESANACIONALID.IMPORTE ADXUDICACIÓN

UNITARIOTOTAL

127-6-2002PALEX MEDICAL, S.A.ESPAÑOLA3.005180.300

227-6-2002C.M.M.,S.L.ESPAÑOLA2.61039.150

327-6-2002PALEX MEDICAL, S.A.ESPAÑOLA3.305165.250

427-6-2002SORDIST, S.L.ESPAÑOLA3.30599.150

527-6-2002SORDIST, S.L.ESPAÑOLA3.30516.525

627-6-2002C.M.M., S.L.ESPAÑOLA2.9478.841

727-6-2002EDWARDS LIFESCIENCES, S.L.ESPAÑOLA3.1009.300

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela