Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002 pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da subministración e instalación de sistemas que permitan o control e xestión do centro de proceso de datos do Centro Multimedia de Galicia.

Orzamento da subministración: 212.967 euros, IVE incluído, distribuído en 3 lotes.

Lote 1: 145.047 euros.

Lote 2: 32.920 euros.

Lote 3: 35.000 euros.

Prazo de execución: un mes, desde o asinamento do contrato.

Fianza provisional: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica e técnica, a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a partir das 12 horas do décimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas, segundo o punto 6.2 do prego de claúsulas administrativas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1706.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS