Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de As Gándaras-O Porriño.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Empresarios de As Gándaras-O Porriño, e mailos novos estatutos; a dita modificación consiste no cambio dos seus artigos 5, 7 a), 15.1º e 32.2º.

Asinan a acta de modificación dos estatutos José Luis Rodríguez Fernández (A.R. Pichel, S.A.), e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 7 de agosto de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra