Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas.

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aéreo-subterránea a 20 kV. Os tramos aéreos de 1.785 m de lonxitude entre os apoios do nº 0 ó

nº 3 e do nº 4 ó nº 13, e o tramo subterráneo de 105 m de lonxitude entre os apoios nº 3 e nº 4, e centro de transformación no lugar de Fraga, no termo municipal do Pino, (expediente 27/1999), por resolución desta delegación provincial de data do 1 de agosto de 2002, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 21 de outubro de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello do Pino, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego de datas 19-2-2001, 27-1-2001 e 17-1-2001, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO