Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3025; XG-340, Padrón-parroquia de Urdilde-A Calle, e V-3263; XG-363, Rois-Santiago de Compostela, e da concesión de servicio público regular temporal de transporte a feiras e mercados V-2844, de Rois a varias localidades.

A Dirección Xeral de Transportes, mediante acordo directivo do 12 de marzo de 2002, autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Viajes Rois, S.L. por cesión do seu titular, Autos Bustelo, S.L.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes