Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Montaña Regueiro, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora do Distrito Hipotecario de Mondoñedo en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na avenida San Lucas, 9, Mondoñedo, Lugo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 9 de setembro de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Montaña Regueiro, S.L. (B27203256)

R/ Pintor Corredoira, 6, 4º B, Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 12/01-Z

liquidación nº 000010008045

Barro Fernández, Eladio (76527164-T)

R/ Carrilet 234, 6ª, 1ª, Hospitalet, Barcelona

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 890/01

liquidación nº 600100050894

García Rodríguez, Manuel (33713818-G)

Lg. San Martín Río, Foz, Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 2081/01

liquidación nº 600100055057

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA