Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso aberto das obras de clave AC/01/057.01 e AC/01/011.01.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada AC-412 Carballo-A Silva.

Número do expediente: AC/01/057.01.

Orzamento base de licitación: cinco millóns cento vinteseis mil seiscentos seis euros con cincuenta e tres céntimos (5.126.606,53 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada AC-413 A Silva-Ordes.

Número do expediente: AC/01/011.01.

Orzamento base de licitación: sete millóns corenta e catro mil cincocentos cincuenta e catro euros con oitenta e cinco céntimos (7.044.554,85 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría f.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio; rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo

sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver punto 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver letra F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 9,38 euros.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda