Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da asistencia técnica para a elaboración do Atlas náutico-deportivo de Galicia para o ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Operacións.

c) Número de expediente: D.O. 1/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para elaboración do Atlas náutico-deportivo de Galicia para o ente público Portos de Galicia.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: costa da Comunidade Autónoma de Galicia con especial consideración dos portos adscritos a ela.

d) Prazo de execución: 1 ano prorrogable por outro, ata un máximo de 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Cento trinta e oito mil douscentos trinta e dous con setenta e oito euros (138.232,78 euros), para a totalidade do contrato.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación, 2.765 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación, 5.529 euros.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: Área Central, 5-A, 6º B, polígono das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditación da solvencia económico-financeira e técnico-profesional segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: portal 5-A, 6º B, Área Central, polígono das Fontiñas.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: portal 5-A, 6º B, Área Central, polígono das Fontiñas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó décimo día natural contado a partir do día seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia