Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de agosto de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación do expediente 35/2002.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 177, do 13 de setembro de 2002, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 13.657, punto 6.f da citada resolución, onde di: «...ata as 14 horas do décimo quinto día natural a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «...ata as 14 horas do día 31 de outubro de 2002».

-Na páxina 13.657, punto 8.a da citada resolución, onde di: «...antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «...ata as 14 horas do día 4 de novembro de 2002».