1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material e medios de laboratorio, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) Número de unidades que hai que entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: 12 lotes.
d) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 819.900 euros.
Lote 1: 6.500 euros.
Lote 2: 29.000 euros.
Lote 3: 60.000 euros.
Lote 4: 24.000 euros.
Lote 5: 230.000 euros.
Lote 6: 40.000 euros.
Lote 7: 30.000 euros.
Lote 8: 30.000 euros.
Lote 9: 40.000 euros.
Lote 10: 80.400 euros.
Lote 11: 50.000 euros.
Lote 12: 200.000 euros.
5. Garantías.
Provisional: 2% por cada lote.
Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria (Subdirección Xeral de Gandería) da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 47 82.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e acabará o día 2 de novembro ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou, inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Posibilidade de variantes.
Por lotes: 12; admítense variantes técnicas por unha soa oferta económica por cada lote.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o 12 novembro de 2002 finalizado o prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 13 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
12. Esta contratación está enmarcada nas actuacións incluídas na medida número 8: prestación de servicios ás explotacións agrarias, comercialización de productos agrarios de calidade e enxeñería financeira. (FEOGA-O), do eixe 7 Agricultura e Desenvolvemento Rural, do Programa Operativo de Galicia 2000-2006.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.
P.D. (Orde 19-12-2001)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural