Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/000793/2002 IN, interposto pola Real Federación Española de Fútbol contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva, do 27 de maio de 2002, pola que se desestima ou, se é o caso, se inadmite o conflicto de atribucións e requirimento de inhibición efectuado ó Comité Galego de Xustiza Deportiva polo xuíz único de competición do grupo I da terceira división nacional.

Recibida na Secretaría Xeral para o Deporte a providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/000793/2002 IN, interposto pola Real Federación Española de Fútbol, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva, do 27 de maio de 2002, pola que se desestima ou, se é o caso, se inadmite o conflicto de atribucións e requirimento de inhibición efectuado ó Comité Galego de Xustiza Deportiva polo xuíz único de competición do grupo I da terceira división nacional.

En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte