Recibida na Secretaría Xeral para o Deporte a providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/000711/2002 IN, interposto por José Manuel Seijas Galán, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva, do 15 de marzo de 2002, pola que se inhabilita a José Manuel Seijas Galán para desenvolver cargos na organización deportiva durante o prazo de dous anos.
En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.
Eduardo Lamas Sánchez
Secretario xeral para o Deporte