Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (172/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 172/2002 por instancia de Miguel Ángel Abad Fernández contra a empresa Instalaciones Eduardo Collazo, S.L., sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.-A Coruña, 11 de xullo de 2002, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 172/2002, seguidos por instancia de Miguel Ángel Abad Fernández, maior de idade, asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a empresa Instalaciones Eduardo Collazo, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Miguel Ángel Abad Fernández contra a empresa Instalaciones Eduardo Collazo, S.L., condenando a demandada a aboar ó demandante a cantidade de 331,32 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso, sendo firme en dereito.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Instalaciones Eduardo Collazo, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 2 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA