De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de trámite de audiencia pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Lugo en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 9 de setembro de 2002.
Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado territorial de Lugo
ANEXO
Interesado: Ferconfova, S.L. (B-27155928); r/ Serra dos Ancares, 84-6º B Lugo.
Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; apertura trámite de audiencia; expte. 281/1998.