Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local de Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por concurso para a adxudicación de axuda no fogar.

Prezo de licitación: o prezo de cada hora do contrato será como máximo de 7,78 A, incluído IVE, garantíndose un número mínimo de 322 horas mes de prestación. Esta cantidade é para aboar durante o período do contrato, que será ata o 31 de decembro de 2002, e poderá ser prorrogado no exercicio 2003 e seguintes, sempre que exista crédito suficiente nos orzamentos dos correspondentes exercicios, sempre que non exista denuncia expresa das partes contratantes do xeito recollido no prego. En todo caso cada ano o prezo verase unicamente incrementado polo IPC correspondente.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse:

Nas oficinas deste concello no prazo de 13 días naturais a partir da publicación do correspondente edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións e demais condicións do referido concurso.

Tui, 14 de setembro de 2002.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde