Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PEROXA

EDICTO.

Unha vez aprobada inicialmente polo pleno deste concello a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Peroxa (Finca Villermá), sométese a información pública durante o prazo dun mes, contados a partir da inserción deste anuncio no DOG.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica, na secretaría do concello en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que coiden pertinentes.

Quedan suspendidas as licencias urbanísticas naquelas áreas do territorio municipal nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. O prazo da suspensión é dun ano.

A Peroxa, 12 de setembro de 2002.

Manuel Seoane Rodríguez

Alcalde