A Comisión de Goberno, na sesión do 4 de setembro de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de repavimentación de rúas no polígono do Ceao, fase I. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado repavimentación de rúas no polígono do Ceao, fase I.
b) Prazo de execución: catro semanas. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: o importe total do contrato é de 106.600 euros, non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.
5. Garantías.
Provisional: 2.132 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil (agás sábados ou festivos) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: 957,86 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 13 de setembro de 2002.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)
Fernando X. Blanco Álvarez
Tenente alcalde delegado de Área