Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

Presentado polo equipo redactor o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xermade, no que se recollen as observacións formuladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sométese novamente a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no taboleiro de anuncios da casa do concello, no xornal El Progreso de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio correspondente neste último diario, podendo, en consecuencia, durante este lapso de tempo, calquera interesado examinalo e formula-las alegacións que considere convenientes.

Todo iso en cumprimento do preceptuado no artigo 43 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e dado que as observacións referidas supoñen un cambio substancial no documento inicialmente aprobado.

Xermade, 6 de setembro de 2002.

Manuel González Fernández

Alcalde