Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Parque Eólico do Vilán. (Expediente IN661A 99/8).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esq., 15004 A Coruña sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Parque Eólico do Vilán resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 5 de abril de 1999, Rosario Arroyo Brotóns, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a autorización administrativa para a instalación do parque eólico do Vilán, para unha potencia de 15,18 MW, someténdose a dita solicitude a información pública mediante Resolución de 7-6-1999, da Delegación Provincial da Coruña, publicándose no BOE, de 8-7-1999 e no DOG de 12-7-1999.

Segundo.-O 12 de setembro de 2000, o promotor, debido á modificación do plan eólico estratéxico de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., presenta escrito solicitando o peche do expediente e apertura doutro novo expediente coas novas coordenadas aprobadas nel.

Terceiro.-O 29 de decembro de 2000, o promotor presenta solicitude de autorización administrativa para a instalación do parque eólico do Vilán, para unha potencia de 20,8 MW. Tralo informe favorable desta dirección xeral, do 19 de xaneiro de 2001, someteuse a dita solicitude a información pública, mediante resolución da Delegación de Industria da Coruña, do 25-1-2001, publicándose no DOG do 5-2-2001 e BOE do 6-2-2001, non se tendo presentado ningún proxecto durante o trámite de competencia.

Cuarto.-O 3 de abril de 2001, Luis Ricoy Iriarte, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución do parque eólico do Vilán, de 20,8 MW, e posteriormente, con data 4 de abril do mesmo ano, o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica deste, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decre

to 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Quinto.-O proxecto do parque eólico do Vilán someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2169/1966 e 2617/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña, do 16 de abril de 2001, publicado no diario La Voz de Galicia do 24-4-2001, no DOG do 25-4-2001, no BOP da Coruña do 26-4-2001 e no taboleiro de anuncios do concello de Camariñas.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Miguel Queiro Pérez, en representación da Asociación Axvalso, Rupert Kolb, en representación de Adiante Soneira e Xoán Carlos Pérez Gestido, solicitan se refaga o estudio de impacto ambiental, someténdose de novo a información pública, de acordo coas seguintes consideracións: que o parque eólico afecta a unha das praias máis emblemáticas de Camariñas e comarca: a praia de Reira; o impacto visual e sonoro na zona, por estar a menos de 800 m da praia; impacto sobre a fauna e flora da zona; a proximidade a zonas incluídas na Rede Natura e que os aeroxeradores 9 a 13 se instalarán nun lugar denominado Foxo dos Lobos, elemento etnográfico, restaurado no ano 2000 pola deputación provincial. Xoán Carlos Pérez Gestido, engade que o informe carece de estudio de impacto arqueolóxico.

2. Jorge Juan Espadasín Martínez, como dono dun terreo no lugar denominado Fonte Tamboa, no que proxecta construír un camping, oponse á instalación da parte occidental do parque eólico, xa que o futuro camping quedaría encaixonado entre os dous aliñamentos máis occidentais de 3 e 5 aeroxeradores e a escasa distancia deles, co grave prexuízo que isto significaría para a viabilidade do establecemento, debido ó impacto sonoro e visual negativo, con

siderando que o seu proxecto é preferente porque é anterior no tempo e máis respectuoso co ambiente.

Sexto.-O 14 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, publicándose no DOG do 10-5-2002.

Sétimo.-O 14 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos, aproba-lo correspondente proxecto de execución e recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial, coas seguintes características básicas:

Localizacion e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

VilánCamariñasXY

482.5004.779.000

486.0004.779.000

486.0004.777.000

485.0004.777.000

483.0004.776.500

Nº de aeroxeradores: 13.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW

Xeradores: Bazán Bonus-1300.

Potencia total instalada: 16.9 MW.

Producción anual estimada: 45.630 MWh.

Investimento previsto: 17.501.472,48 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-13 aeroxeradores Bazán Bonus de 1300 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 60 m de altura e rotores de 3 pas de 62 m de diámetro.

-13 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.600 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x1x(1x240) mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora 20/66 kV equipada con transformador de potencia de 30 MVA e relación de transformación 20/66 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,420 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Oitavo.-O 7 de xuño de 2002 o promotor solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Parque Eólico do Vilán de 16,9 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polos decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo xa citado.

Noveno.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 125 e 140 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 302/2001, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña, do 17 de xuño de 2002, publicado no DOG do 1 de xullo, no diario La Voz de Galicia do 27 de xuño, no BOP da Coruña do 8 de xullo e no taboleiro de anuncios do concello de Camariñas (A Coruña).

Durante o período de información pública, non se presentaron alegacións.

Décimo.-O 13 de agosto de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña informou favorablemente a solicitude de declaración de utilidade pública do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións presentadas por Miguel Queiro Pérez, en representación da Asociación Axvalso, Rupert Kolb, en representación de Adiante Soneira e Xoán Carlos Pérez Gestido cabe dicir que as alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e contempladas na declaración de impacto ambiental do 14 de xaneiro de 2002.

2. Con respecto ás alegacións presentadas por Jorge Juan Espadasín Martínez, cabe dici-lo seguinte: a valoración da afección das parcelas, non é obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto; o artigo 52 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, distribución e transporte de enerxía; por último as alegacións ambientais foron contempladas na antes mencionada declaración de impacto ambiental.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as

instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Parque Eólico do Vilán no municipio de Camariñas (A Coruña) o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2002.

P.D. Orde do 20 de decembro de 2001 (DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS