Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos do Sindicato de Persoal Estatutario da Función Administrativa do Sergas (SPEFA), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Sindicato Profesional da Función Administrativa do Sergas (SPF).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 21 de agosto de 2002 a acta da reunión realizada o 18 de xullo de 2002 pola asemblea xeral ordinaria, onde se reflicte a modi

ficación estatutaria do Sindicato de Persoal Estatutario da Función Administrativa do Sergas (SPEFA), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Sindicato Profesional da Función Administrativa do Sergas (SPF).

Asinan a acta que reflicte a dita modificación estatutaria o secretario do sindicato, José Luis Martínez Fernández, avalada co visto e prace do presidente, Jaime Casas Freire.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais