Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de providencia (4011/2000).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico:

Que no recurso contencioso-administrativo número 4011/2000, interposto por Cooperativa de Viviendas Monteventoso, contra resolución do IGVS do 25-10-1999, recaída en expediente relativo ó concurso público para o alleamento das parcelas 28-A-1, 28-A-2 e 28-A-3 no polígono de Esteiro en Ferrol, dictouse providencia de data que é do teor literal seguinte:

«Dada conta: líbrese exhorto ó Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol para que se faga saber á Cooperativa de Viviendas Monteventoso que deberá comparecer en forma en autos con avogado e procurador no prazo de dez días con apercibimento de arquivo das actuacións noutro caso».

E para que sirva de requirimento á entidade Cooperativa de Viviendas Monteventoso, que tivo o último domicilio coñecido en rúa Real, nº 180-1º dereita, Ferrol, expido e asino esta cédula na Coruña o 5 de setembro de 2002.

A secretaria

Rubricado