Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (77/2000).

Manuel Ferreiro González, secretario da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que por Resolución do 13 de setembro de 2002, dictada na executoria 77/2000, causa 234/1992, dimanante do P.A. 193/1996, do Xulgado de Instrucción número un da Coruña, seguido contra Víctor Agra Rodríguez, Mª Dolores Uzal Vázquez,

Manuel Sánchez Cabado e José Mª Albariño Peña, por un delicto de estafa, acordouse sacar a poxa os seguintes bens inmobles:

1. Predio.

Urbano: vivenda situada na rúa Melide nº 1-7, portal 1-7, planta 5º C da Coruña, propiedade de Mª Dolores Uzal Vázquez e Vicente Álvarez Castro, con carácter ganancial, inscrita no tomo 652, folio 107, alta 4 do Rexistro da Propiedade número 6 da Coruña. Superficie útil: 79,57 m.

Ten como anexo o rocho nº 5 de 5,84 m, na planta de aproveitamento baixo cuberta e a praza de garaxe nº 12 do soto.

Sácase a poxa a metade pro indivisa da vivenda que corresponde a Dolores Uzal Vázquez.

Situación posesoria: ocupada polos seus propietarios.

Valor de taxación: 73.060,41 euros.

Cargas:

Hipoteca de Caixanova: 34.617,45 euros.

Valor da poxa: 19.211,48 euros.

2. Predio.

Urbano: local comercial en planta baixa da casa nº 14 da avda. de Arteixo da Coruña, con acceso pola rúa Bolivia, propiedade de Manuel Sánchez Cabado.

Superficie construída: 14 m (útil 11,66 m).

Inscrito no tomo 1.598, folio 115, alta 1. Predio nº 86.671-N do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

Situación posesoria:

Cargas: libre.

Valor da poxa: 35.809,90 euros.

3. Predio.

Urbana: vivenda situada na avda. de Arteixo nº 14, 6 dta., propiedade de Manuel Sánchez Cabado con carácter privativo.

Ten inscrito o dereito de uso e desfrute do domicilio conxugal a favor de María Luisa Arranz Pérez e filla.

Inscrito no tomo 1.598, folio 200, alta 1. Predio nº 86.705-N do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

Ten unha superficie útil de 182,87 m.

Valor de taxación: 293.225,28 euros.

Cargas:

Dereito de uso e desfrute: 87.967,58 euros.

Hipoteca do Banco Simeón: 25.435,44 euros.

Valor da poxa: 179.822,26 euros.

4. Predio.

Urbano: vivenda situada na rúa Rampa do Matadoiro, nº 2, 4º (quinta do edificio), propiedade de José Mª Albariño Peña.

Inscrita no tomo 114, folio 70, alta 1. Predio nº 6.316-N do Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña.

Ten unha superficie construída de 83 m (útil aproximada de 76,30 m).

-Situación posesoria: ocupada por José Mª Albariño Peña e muller.

Valor de taxación: 75.359,85 euros.

Cargas:

Xuízo executivo do Banco Siméon: 2.155,92 euros.

Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, pto. 641/1993.

Executoria do Xulgado do Penal número 2 da Coruña: 1.017,41 euros.

Executoria 6/1996, P.A. 300/1990.

Valor da poxa: 72.186,52 euros.

A poxa terá lugar na Sala de Audiencia da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, rúa Capitán Juan Varela, s/n, o día 23 de outubro de 2002, ás 10 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Os predios poxaranse separadamente e pola orde en que aparecen no edicto.

Segunda.-As certificacións rexistrais dos predios están de manifesto na secretaría deste tribunal.

Terceira.-Polo simple feito de participar na poxa entenderase que os ofertantes aceptan como suficiente a titulación que consta en autos e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas ou gravames anteriores ó crédito polo que se executa, se os houber, no caso de que o remate se adxudique ó seu favor.

Cuarta.-Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente, o 30% do valor de taxación do ben, na conta de depósitos e consignacións nesta sección número 1543-0000-78-0193-96 do Banco Bilbao Vizcaya (BBVA).

Quinta.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán identificarse de forma suficiente; declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa, e presenta-lo xustificante do depósito a que se refire a condición anterior.

Sexta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, 13 de setembro de 2002.

Manuel Ferreiro González

Secretario