Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.148

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de auxiliar administrativo.

De conformidade co disposto na base 7.3º da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no

cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de auxiliar administrativo, convocada por Resolución do 21 de marzo do 2002, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria,

RESOLVO:

Noméanse persoal laboral fixo do CIXTEC, na categoría de auxiliar administrativo, grupo IV, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo.

As persoas ás que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto, e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Persoal laboral fixo do CIXTEC, categoría auxiliar administrativo:

Nome e apelidos: Mª Jesús Prieto Vilar.

DNI: 76568779-P.

Grupo: IV.

Categoría: 1.

Denominación: auxiliar administrativo.

Localidade: Santiago de Compostela.