Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.148

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso 1/2002, convocado pola Orde do 19 de xuño de 2002 para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de informática da Xunta de Galicia.

Convocado o concurso 1/2002, para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de informática da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 119, do 21 de xuño, e á vista da proposta realizada pola comisión encargada de valora-los méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficina de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamaciones deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE