Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.148

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se publican os prazos posesorios do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co previsto no punto terceiro da Resolución do 29 de maio de 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño), da División Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 5 de decembro de 2001 (DOG nº 240, do 13 de decembro), que establece que a toma de posesión dos novos destinos

adxudicados nesa resolución efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes que sexan seleccionados no proceso selectivo convocado por resolución desta división do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), o que oportunamente se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Esta división

ACORDA:

Primeiro.-Facer público que a partir do primeiro día hábil, inclusive, seguinte ó da publicación desta resolución comezarán a contarse os prazos posesorios para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes, establecidos na Resolución do 29 de maio de 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño), da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-A publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia serviralles de notificación ós interesados.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos